Feijoo Barreiro, Pedro

Sen piedade / Pedro Feijoo - 3ª ed. - Vigo :Xerais ,2018 - 246 p ;15,50 x 23,00 cm

Unha novela escrita a tumba aberta. Sen coidado nin precaución, sen tregua, sen límites. Sen piedade.

Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela... Pero agora non parecía disposta a escoitarme. E Gordo comprendeuno. «Neno, o que ti necesitas é unha boa festa», dixera. E así foi como decidimos tomar prestado o coche do vello, un impresionante Dodge Charger do 68, e botarnos á estrada nunha viaxe feroz. A tumba aberta. Sen coidado nin precaución, sen tregua, sen límites. Sen piedade.

1º-2º BAC

9788491214007


Amor
Amizade
Violencia de xénero
Drama
Narcotráfico

869.9-3 82-N

Coa tecnoloxía Koha